A Aula de Teatro de Noia presenta este sábado “Éxodo” no Noela, dirixida polo autor e actor local Jorge Gallardo

18 Xaneiro 2024

O Coliseo Noela de Noia celebra esta fin de semana unha representación escénica abeirada á mostra de teatro local e protagonizada polas alumnas e alumnas da Aula de Teatro (Escola Municipal de Teatro de Noia).

Será este sábado de xaneiro ás 20:30 horas. A obra en cuestión non é outra que Éxodo, escrita e dirixida polo noiés Jorge Gallardo, que, ademais dunha ampla experiencia sobre as táboas, conta cun importante currículo como formador.

A entrada será libre ata completar o aforo.

Jorgé Gallardo é titulado superior en Arte Dramática, diplomado na Escola de Interpretación textual/xestual e ten un Mestrado en Interpretación de Cine e TV. Ademais, é co-fundador de varias compañías de teatro e atesoura experiencia no eido audiovisual, participando en varias series nacionais e curtametraxes.

O obradoiro de teatro artellouse en dous grupos: infantil/xuvenil e adultos.

As clases desenvólvense no Local de Ensaio Prudencio Romo.

O obradoiro veu da man da Área de Cultura do Concello que dirixe José Pérez.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.