O PP celebra a incorporación de 25 novos médicos fixos nos centros de saúde da provincia

18 Xaneiro 2024

O Partido Popular da Coruña emitiu un comunicado no que celebra a adxudicación de 25 prazas de médico con carácter fixo nos centros sanitarios da provincia publicada pola Consellería de Sanidade na páxina web do SERGAS trala resolución do concurso de méritos para persoal facultativo especialista de atención primaria convocado pola Xunta de Galicia en maio de 2023. A resolución publicarase nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia, abrindo un prazo dun mes para que estes novo persoal se incorpore ao seu novo destino.

En particular, os populares lembran que este concurso posibilitou a cobertura con carácter fixo de catro prazas de medicina de familia no centro de saúde de Narón, tres nos de Boiro, dúas nos de Rianxo e Fontenla Maristany (Ferrol) así como unha praza en cada un dos seguintes centros: A Pobra, Ares, As Pontes, Arteixo, Frades, Laxe, Muros (Esteiro), Mesía (Xanceda), Noia, Ribeira, Santa Comba, Teo (Cacheiras), Trazo (Agro do Mestre) e Vimianzo.

O PP tamén recorda que “esta convocatoria puido realizarse a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada no Parlamento co voto en contra de BNG e PSdeG”. Esta lei, engaden os populares, “incentivou a cobertura destas prazas ao ofrecer o maior nivel de estabilidade laboral, obtendo unha praza fixa en propiedade, cun sistema de acceso máis sinxelo e áxil: un concurso de méritos que non require exame de oposición e que se resolve nuns meses”.

O PP da Coruña laiouse da postura de PSdeG e BNG explicando que “se por eles fora, non se podería realizar este proceso e cubrir estas prazas. No mesmo sentido, criticou aos candidatos de ambos partidos ás eleccións autonómicas por encabezar protestas e reclamacións de máis persoal sanitario mentres os seus partidos votaron en contra de solucións que hoxe se concretan”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.