Stop Desahucios remite varios escritos respecto dunha resolución do Ministerio de Xustiza

14 Xaneiro 2020

A Plataforma Stop Desahucios Barbanza vén de presentar unha queixa ante a oficina do Valedor do Pobo, segundo afirman desde o colectivo, pola preocupación existente en relación á resolución do Ministerio de Xustiza para a suspensión do pago de honorarios aos avogados designados por quenda de oficio, pretendéndose desde a Axencia Tributaria reclamar as cotas dos últimos catro anos.

Desde a referida plataforma entenden que esta situación vulnera o desenvolvemento do artigo 119 da Constitución e na queixa presentada sinalan, entre outras cuestións, que “somos conscientes de que a maioría das familias humildes, con escasos recursos, que quixeron opoñerse a execucións hipotecarias das entidades financeiras, tiveron que solicitar o dereito á asistencia xurídica gratuíta, sen o cal non poderían reclamar e se lles crearía unha evidente indefensión, co perigo que suporía perder as súas vivendas habituais.” Neste senso, engaden que se verían “limitados” eses dereitos, apuntando que na propia resolución establécese que o Ministerio de Facenda “non atendería os custes da xustiza gratuíta prestados por requirimento xudicial e que as familias, loxicamente, non poderían afrontar os honorarios dos diferentes avogados e procuradores que, no seu día, foran designados de oficio.”

Así mesmo, remitíronse escritos ao Ministerio de Xustiza, ao Ministerio de Facenda e ao Consello Xeral do Poder Xudicial co obxectivo de que aclaren os detalles da citada resolución e se estarían dispostos á súa modificación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.