A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades prevé publicar o xoves 15 de febreiro a convocatoria das oposicións docentes de 2024. A partir de entón, abrirase o prazo de 15 días hábiles para solicitar a inscrición. Ademais, a Xunta propoñerá a outras comunidades autónomas acordar que as probas se celebren o 22 de xuño.
Así o trasladaron representantes da Administración aos sindicatos que este martes participaron nunha extensa reunión da mesa sectorial docente non universitaria (CIG, CCOO, ANPE e UXT).




