Un total de 34 nenos e nenas desfrutaron da quinta edición do Pequetrail de Lousame, a segunda máis concorrida da súa historia

15 Xaneiro 2024

Un total de 34 nenos e nenas, de entre 5 e 16 anos, tomaron parte na quinta edición do Pequetrail de Lousame, disputado este sábado 13 de xaneiro pola tarde. A chuvia e as baixas temperaturas minguaron a participación prevista (sesenta inscritos) pero aínda así estes 34 participantes converteron a edición deste ano na segunda máis concorrida da súa curta historia, só superada polos 57 participantes do ano 2022, segundo datos da Área de Deportes do Concello, organizadora da proba.

A proba desenvolveuse na contorna do Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes. Os primeiros en saír foron os cadetes e xuvenís, que percorreron uns 7 km. Despois tocoulles a quenda aos máis pequenos, os sete Sub-8 que percorreron algo máis de 500 metros. Os efectos da choiva das últimas xornadas, que deixou o terreo esvaradío, unidos ao feito de que a primeira parte da proba coincidira coa que afrontaron os corredores adultos do Trail de Lousame fixo que ningún dos pais e nais presentes se animara este ano a correr canda a súa crianza.

O grupo máis numeroso foi o dos 13 Sub-10, no cal rexistrouse a anécdota da xornada. Todos os percorridos estaban marcados con frechas de diferentes cores: vermella, verde, negra e amarela, así como un cartel todo en rosa con frecha en negro. Unha parella de sub-10 confundiu o vermello co rosa e, no canto de facer os 1.000 metros que lles tocaban remataron facendo 3 quilómetros, a segunda distancia máis longa desta edición. Aínda así, ambos os dous entraron á carreira na liña de meta, onde foron os máis aplaudidos de toda a tarde.

Entrega de medallas

A concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, e o xerente de Futuranea, Pablo Roo, foron os encargados de entregar as medallas a todos os participantes, así como unhas lambonadas e un pequeno avituallamento con auga e barriñas enerxéticas para repoñer forzas. Unha tarefa na que estivo acompañada polos técnicos de Cultura, Deportes e Voluntariado de Lousame. Así mesmo, contouse coa colaboración do Voluntariado lousamiá, do Club de Atletismo Lousame, da Cruz Vermella de Noia e de Protección Civil de Lousame.

A proba contou coa colaboración de Futuranea, Hoka One One, Tarrío & Suárez Obras y Contratas, Fermín Simal SL, Autos Comparado, Supermercados Gadis, Atmósfera Sport, Pavimentos Noia e Nutri Sport.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.