Barbantia celebra o 26 de xaneiro, en Rianxo, a súa asemblea xeral e presenta a obra “O libro secreto da filosofía”, de José Carou

14 Xaneiro 2024

A Asociación Cultural Barbantia vai comezar o ano cunha axenda ateigada de actividades. En primeiro lugar o vindeiro 26 de xaneiro celebrará a súa asemblea xeral ordinaria, será no Auditorio Municipal de Rianxo a partir das 18.30 horas (a primeira convocatoria) e estando fixada para as 19.00 horas a segunda convocatoria. A orde do día inclúe a lectura e a aprobación da acta anterior, o estado de contas para a súa aprobación, a regularización e actualización da cota de socias e socios, o resumo da memoria anual relativa a 2023, a planificación da programación anual do ano que comeza, o informe das subvencións, a aprobación do libro de socias e socios e do libro de bens da entidade e unha quenda para rogos e preguntas.

Na mesma xornada do 26 de xaneiro e no mesmo emprazamento (o Auditorio de Rianxo), logo da celebración da súa asemblea xeral, Barbantia celebrará ás 20:30 horas a presentación de O libro secreto da filosofía, de José Carou Rey, coa participación de Sara Varcárcel, ilustradora do libro; Margarita Fernández Gómez, profesora e tradutora; X. Ricardo Losada, profesor e escritor; Xesús Domínguez, director de Prodicións da Editorial Galaxia e Julio Alcalde, concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, ademais do propio autor José Carou Rey. Contarase cunha intervención plástica a cargo de Miguel Mosquera. A apertura e o peche musical correrá a cargo de Tano Domínguez (piano) da Escola de Música de Rianxo. Este acto está enmarcado nos Actos Castelao 2024 que organiza o Concello de Rianxo.

Previamente a isto, o 19 de xaneiro Barbantia celebrará no Pazo de Goiáns, do concello de Boiro, ás 20:30 horas, a presentación-concerto do libro Fremosas. Cantigas de amigo e de amor, de Barahúnda, coa participación de Encarna Pego, Aurora Marco, Helena de Alfonso, Jose Lara Gruñeiro e María Outeiral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.