O Freixo acollerá o foro final do proxecto europeo sobre economía circular e desenvolvemento rural liderado polo Concello de Outes

11 Xaneiro 2024

O Concello de Outes en colaboración con AFIPRODEL (Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia) organiza o foro final do proxecto Circular.rurNovos modelos de negocio de economía circular para a activación do rural europeo, financiado polo programa Erasmus+. A cita será no Centro Náutico Municipal do Freixo (Outes), este 18 de xaneiro.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente cumprimentando o formulario dispoñíbel na Rede. O prazo de inscrición para o Foro acaba o día 15 de xaneiro.

O proxecto europeo Circular.rur  Novos modelos de negocio de economía Circular para a activación do rural europeo é un proxecto de asociación de cooperación en materia de formación profesional Erasmus+ que se desenvolveu dende o 01.11.2021 ata o 01.11.2023.

O consorcio do proxecto estivo liderado polo Concello de Outes e contou coa participación da Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia, así como de socios europeos de Irlanda, Alemania, Italia, Croacia e Grecia: WIN Consultants Ltd, Meath County Council, Hamburgisches WeltWirtschaftsInstitut gemeinnützige GmbH, Comune di Capannori, Lokalna akcijska grupa Zagorje Sutla e Atlantis.

Os resultados de Circular.rur están dirixidos a profesionais da área de desenvolvemento rural e/o emprego.

O obxectivo principal consiste en “promover a transferencia de coñecementos innovadores sobre economía circular e o desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados nesta, que respondan as expectativas dos mercados laborais nacionais e europeos, e que brinden novas oportunidades de activación fronte aos retos actuais, fomentando contornas rurais máis modernos e sustentábeis, a través do apoio intelixente da profesionais da área de desenvolvemento  rural, aos futuros emprendedores do rural europeo”.

Toda a información sobre o proxecto está dispoñible na súa web, circularur.eu.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión