O Concello de Rianxo organiza este mes de xaneiro un Curso de Autodefensa para Mulleres. Será o vindeiro 20 de xaneiro, en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 horas, no Centro Sociocultural da Capela, na parroquia de Araño. Nesta actividade formativa, dirixida por especialistas en defensa e persoal e protección, achegaranse recursos para poñer en xogo no caso de que as usuarias se vexan inmersas en situacións de conflito ou agresión. Para máis información ou para facer as inscricións as persoas interesadas deberán contactar coas organizadoras a través do 608 979 727. A actividade, como dixemos, vén da man do Concello de Rianxo.




