O Concello de Ribeira convoca un consello extraordinario de pesca mentres supervisa o litoral cun dron e con brigadas

10 Xaneiro 2024

Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, fixo balance das accións que vai emprender o grupo de Goberno local para loitar contra a marea branca das bólas plásticas e para acadar a máxima mobilización das administracións con competencias na materia. No balance o rexedor láiase novamente de falta de apoios do Goberno autonómico: “Non temos ningunha comunicación da Xunta dende o pasado xoves, cando recibimos a carta do conselleiro do Mar para dicirmos que a competencia era municipal”.

Sacos de aglomerados plásticos atopados nas praias os días pasados e recollidos polo Concello, o GAEM local e o voluntariado

Pérez pide ao Goberno galego que, “por favor, se poña a coordinar realmente esta catástrofe ambiental”, dado que “os concellos estámonos enterando da información que sae da Xunta polos medios de comunicación”, o que, segundo subliña, “vai en contra do Plan de Continxencias Marítimas, que das primeiras cousas que establece é que haxa coordinación entre as distintas administracións públicas que teñen que enfrontar unha catástrofe ambiental desta magnitude”.

Avanza que o Concello convocará un consello extraordinario de Pesca onde reunirá a todas as confrarías e ao sector do mar do municipio para avaliar cal é a situación e informalos “con transparencia”, dixo, “do que se está a facer dende o Concello e tamén para demandar á Xunta a súa implicación na retirada da marea plástica dos areais”.

Tamén explicou que o Concello está a facer monitoraxe (a través do seu Grupo Municipal de Emerxencias) da costa municipal mediante un dron e con brigadas a pé percorrendo os areais. Ademais, fará un chamamento ao voluntariado que poida chegar a Ribeira esta fin de semana para que contacte coas asociacións e organizacións ecoloxistas, que logo serán coordinadas dende o Goberno local para que a axuda sexa efectiva.

O rexedor cuantifica en 80 sacos enteiros o material que xa está almacenado no municipio, máis todo o material recollido nos areais dende a fin de semana (días nos que se xuntaron máis de 500 voluntarios nos areais de Ribeira, coordinados polo concello); e confirma que o Goberno local xa se puxo en contacto coa aseguradora dende o primeiro momento para que se faga cargo dos custes de limpeza.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.