
O Concello de Rianxo organiza neste comezo de ano dúas accións formativas para ampliar o coñecemento da veciñanza en materia de cultivo de plantas froiteiras e ornamentais. Trátase de dous obradoiros de enxertos, totalmente gratuítos para a veciñanza, coa finalidade de divulgar unha sería de nocións básicas sobre esta técnica.
Celebraranse nas seguintes datas:
20 de xaneiro | CEIP Ana María Diéguez.
3 de febreiro | CEP Brea Segade.
As prazas son limitadas, e outorgaranse por orde de solicitude. O prazo estará aberto ata o 18 de xaneiro ou ata completar as prazas. Para inscribirnos temos que cubrir o formulario habilitado polo Concello.
O enxerto é unha técnica que se emprega para permitir o medre de variedades vexetais de valor comercial en terreos ou circunstancias que lles son desfavorábeis, aproveitando a maior resistencia do pé usado, ou para asegurarnos que as características produtivas dun exemplar se manteñen inalteradas,



