O BNG de Rianxo presenta unha moción para que o servizo de ambulancias opere as 24 horas

05 Xaneiro 2024

O grupo Municipal do BNG do Concello de Rianxo somete á toma en consideración plenaria unha MOCIÓN para reclamar a que a ambulancia do 065 que presta o seu servizo en Rianxo amplie a 24 horas a súa atención.

A Xunta ven de licitar un novo contrato para dar o servizo de transporte sanitario urxente terrestre do 061 por dous anos, prorrogable a un máis.

O valor estimado deses tres anos de prestacións rozará os 178 millóns de euros para un mínimo de 127 ambulancias de diferentes tipos e prestacións, repartidas polo país en bases asentadas en 93 municipios diferentes entre os que se encontra Rianxo. Forma a nosa parte das 107 ambulancias de soporte vital básico (SVB) e das que unha maioría estarán activos as 24 horas.

Sorpresivamente, pois dábase por conseguido, a de Rianxo non vai emprestar servizo as 24 horas. Cando por número de servizos nocturnos así o xustificaba e daríase unha mellor atención de toda a comarca en xeral, mesmo a otras zonas das limítrofes. Sería oportuno e prudente chegar ás 24 horas de atención, diminuindo os tempos de espera nocturnos.

E por isto, e agardando se poida mellorar nesta fase de licitación a proposta empresarial, queremos demandase o apoio da corporación municipal para Instar á Xunta de Galicia a que se amplie a cobertura do 061 con base en Rianxo a 24 horas no vindeiro concurso.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.