Restricións de tráfico este venres en Rianxo pola Cabalgata de Reis

05 Xaneiro 2024

O Concello de Rianxo emitiu un aviso coas restricións de tráfico previstas para este venres 5 de xaneiro con motivo da Cabalgata de Reis.

As limitacións comezarán a partir das 16:00 h, intre no cal xa non estará permitido estacionar na rúa Rinlo nin na praza Castelao, así como tampouco nas inmediacións do Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema”.

A comitiva sairá ás 15:00 h. da entrada ao núcleo da Bacariza (Isorna) na DP-3301. Dende aquí dirixirase a Rianxiño e través da DP-7201, da DP-7202 e da DP-7203 chegará ata Campo de Pazos. Seguindo a AC-305 dará a volta na Ponte Beluso e seguirá esta mesma estrada ata Burés, dende onde collerá cara o centro da vila a través da DP-7202. Nestas estradas produciranse puntualmente cortes de circulación ante o paso dos vehículos que compoñen a Cabalgata de Reis.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...