Noia e Rianxo apúntanse novamente ás carreiras solidarias de San Silvestre

31 Decembro 2023

Unha cantidade importante da xente da nosa comarca vai rematar este ano facendo deporte solidario, máis concretamente correndo nas carreiras de San Silvestre. A de Rianxo xa se celebrou este domingo a primeira hora para para a de Noia aínda estamos a tempo de participar. A de Muros foi este sábado.

En Noia

A nova edición do San Silvestre en Noia será ás 17:00 horas. Coma cada ano, recollerense alimentos para Cáritas Diocesana de Noia. O trazado será un trazado accesíbel de tres quilómetros para permitir a máxima participación (e a máxima cantidade de doazóns).

Con todo, segundo informou a organización, tanto se temos previsto correr os 3 quilómetros da proba, coma se (por calquera circunstancia) preferimos non facelo, é posíbel colaborar con esta iniciativa solidaria do Concello de Noia e do Club Atletismo de Noia (CAN), facendo contribucións en forma de produtos alimentación básicos ou alimentos típicos navideños.

Non se require inscrición previa.

Haberá trofeo para a gañadora ou o gañador.

O Concello agradeceu a colaboración, unha vez máis, de Protección Civil de Noia, Policía Local Noia e de Cruz Vermella Noia.

En Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza este 31 unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. Coas reservas achegaranse aos participantes unha camiseta de Sal Silvestre e unha gorra de Nadal.

En Muros

Muros tamén corre para despedir do ano. Foi este 30 de decembro coa II San Silvestre Muradana, con saída da praza do Mercado.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.