“En Podemos manda a xente… e Pablo Iglesias?” – Antón Luaces

31 Decembro 2023

Ione Belarra, actual responsable da formación política Podemos, semella estar totalmente conforme coa decisión tomada en Galicia por 2.513 inscritos con dereito a voto nesta Comunidade Autónoma, que optaron porque Podemos se presente nas eleccións autonómicas galegas do 18 de febreiro próximo en coalición con Alianza Verde e non con Sumar e Esquerda Unida. Pablo Iglesias, a quen se considera líder na sombra de Podemos, recomendara o voto de Podemos ao BNG, que leva a Ana Pontón como cabeza de cartel electoral. Por Podemos, a candidatura á Xunta estará encabezada pola ex concelleira coruñesa Isabel Faraldo. Por Sumar, a actual deputada no Congreso, Marta Lois.

Deste xeito, a candidatura da esquerda-nacionalista reduce -a priori- as posibilidades de que, unidos os posibles deputados desas formacións e máis os que acade o PS de G-PSOE, puidera producirse en Galicia un cambio ben significativo no Parlamento e, polo tanto, no goberno desta autonomía, con posibilidades de que Ana Pontòn, polo BNG, pasara a ser a primeira presidenta da Xunta de Galicia -o BNG é actualmente por número de votos e deputados a segunda forza política na Cámara galega- ou o candidato socialista José Ramón Gómez Besteiro de se producir o apoio da esquerda-nacionalista que significan BNG (con quen o PSOE xa formou coalición de goberno cando este fora presidido por Emilio Pérez Touriño), Esquerda Unida e Podemos-Alianza Verde.

Os apoios acadados en Galicia por Podemos dos seus inscritos, supoñen o 62,36% da militancia da formación morada, o que pode dar a entender que Sumar (coa aposta a prol como resulta obvio da vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo do mesmo, Yolanda Díaz) só podería contar de inicio cos votos de Esquerda Unida.

Compre lembrar que, sumados os votos dos citados partidos, ábrese unha certa posibilidade de cambio na Xunta, algo que tamén podería producirse da man de Ana Pontón (BNG) de se repetir un resultado máis parello ao das anteriores eleccións. Esta circunstancia podería conlevar a formación dun goberno da Xunta da coalición BNG-PSdeG e, no caso de ser necesario, cos apoios de Esquerda Unida e Podemos-Alianza Verde se o Partido Popular (PP) non repetira maioría coa candidatura de Alfonso Rueda.

Só en dúas lexislaturas anteriores non gobernou en Galicia o PP (ou AP): con Fernando Gonzàlez Laxe, socialista (de 1987 a 1990, goberno tripartito) e Emilio Pérez Touriño, tamén socialista (de 2005 a 2009, en coalición co BNG). De 1978 a 1979, foi presidente da Xunta (o primeiro), Antonio Rosón Pérez, a quen seguiu José Quiroga Suárez (1979-1982), Gerardo Fernández Albor (1982-1987), o xa citado González Laxe, Manuel Fraga Iribarne (1990-2005), o tamén citado Pérez Touriño, e a seguido, as maiorías absolutas acadadas por Alberto Núñez Feijoo entre 2009 e 2022, ano este no que demite para se trasladar a Madrid como presidente nacional do PP, pasando a ocupar a presidencia da Xunta o que daquela era vicepresidente da mesma, Alfonso Rueda Valenzuela.
“En Podemos manda a xente”, dixo Belarra. O 19 de febreiro de 2024 poderemos saber se “a xente” (os inscritos) votou atinadamente.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.