Un condutor sae ileso despois de caer ao mar co seu vehículo en Rianxo

30 Decembro 2023

Unha persoa particular que se atopaba na zona botouse ao mar e socorreu ao condutor e único ocupante do vehículo, que non precisou asistencia sanitaria.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, todo parece indicar que un despiste do condutor provocou que o coche caera ao mar.

Ás 19:20 horas desta tarde, os Bombeiros de Boiro informaban do suceso ao 112 Galicia. Indicaban que se desprazaran ata o peirao de Rianxo, a petición dun particular que vira como un coche caía ao mar.

Foron os mesmos Bombeiros os que comunicaron aos xestores de emerxencias que un particular se botara á auga para socorrer ao condutor, un octoxenario que resultara ileso e que a súa familia xa recollera. 

No lugar tamén se atopaban os axentes da Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rianxo. Os axentes indicaron que o coche estaba somerxido pero que agardarían a que baixara a marea para a súa retirada. 

Desde o 112 Galicia informouse dos feitos ao persoal de Salvamento e  do Servizo de Garda Costas de Galicia. 

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro xunto Policía Local de Rianxo, Protección Civil Rianxo Perfil Oficial e 061 en Rianxo en caída de vehículo ao mar con persoa no interior. Menos mal que un rapaz foi quen de sacalo do interior rapidamente antes da nosa chegada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.