Membros do equipo de Goberno de Ribeira visitaron a Pura Pérez Sampedro, veciña de Aguiño que cumpriu 104 anos o pasado 25 de decembro. Nos parabéns participaron o alcalde Luís Pérez Barral, o tenente alcalde Vicente Mariño e máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes. A homenaxeada é unha veciña moi coñecida da parroquia aguiñense, e, de feito foi a responsábel do estanco da vila durante moitos anos. Pura demostrou na celebración dos seus 104 anos (primeiro coa súa familia e logo cos representantes do Concello) estar en plenitude de facultades, o que, sumado á súa vitalidade e a súa boa saúde, prepara o terreo para celebrar, tamén, os 105.




