“Retroalimentación” – Xulio Xiz

29 Decembro 2023

En tempos, o desideratum da comunicación era que o receptor puidese responder ao emisor en igualdade de condicións, mediante o feedback, ou retroalimentación. Na prensa escrita, un esbozo desa resposta eran e seguen a ser as “Cartas ao director” e na radio as chamadas telefónicas, pero ningún medio permitía esa conexión directa por imposibilidade técnica. E apareceu Internet para revolucionarnos a vida, e permitir unha conexión que non acredita participación ao mesmo nivel, nin a veracidade da información.

Cando os medios tradicionais informan, sábese a súa ideoloxía, a profesionalidade dos informadores, a responsabilidade da información… e os destinatarios podemos contrastala de inmediato dada a pluralidade de emisores.

En Internet hai medios acreditados, moitos vencellados aos medios tradicionais, pero ao poder ser emisor calquera, a rede ven ser campo de batalla de combatentes incógnitos, e o receptor recibe información contraposta, interesada económica, social ou politicamente, inxectada anonimamente a través dos artiluxios dixitais.

Os medios escritos teñen liberdade de empresa, só limitada polos elevados investimentos precisos; radios e televisións precisan investimentos e concesións gobernativas que supoñen condicionamentos importantes. A Rede non require grandes investimentos para informar, nin ten os controis ca os medios tradicionais.

Medios tradicionais e medios en Internet teñen plena credibilidade informativa, pero o difícil é distinguilos dos kamikazes que prexudican á rede, combatentes en guerra que bombardean ese campo de batalla para desinformar e desestabilizar.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.