“Velaí ven outro ano. Que sexa máis bo”. Antón Luaces

27 Decembro 2023

Van pasando os días. Imos arrincando follas imaxinarias a aquel vello calendario de “taco” que, amáis do día, reflectía as distintas fases luares e, obviamente, un amplo santoral con nomes maioritariamente non utilizados, e lembramos tempos pasados que sinalan significativamente -cada ano máis- que son estas calendas de actualizar a saída das nosas vidas de persoas que marcaron unha existenza compartida.

Familiares, amigos, compañeiros de traballo van deixando baleiros, ocos imposible de os ocupar de novo que, inexplicablemente, fixan adeuses moitas veces non dados ou que mesmo nen sequera era imaxinable que poideran producirse de xeito insospeitadamente tan prematuro. E nesta arañeira entramos sen querer para concluirmos que son  datas nas que resulta máis doado chorar que rir.

E haberá que trocar o concepto, a significación destas que, hoxe, consideramos festas?. 

Nas conversas actuais recorremos a circunstancias vividas, á memoria de aquel avó que machucaba cun  martelo o turrón duro (porque a súa dentadura postiza non  lle permitía “roelo”) no lareira da cociña, os cantos da nai, as beberolas dos maiores (namentras os pequenos nos apoderabamos dos figos e as pasas)… e volves ás lembranzas e a contar, sen erros, aos que xa non están con nós. 

Son, as de Nadal e Aninovo, festas nas que se honra máis na memoria aos finados que aos vivos e que, en boa medida, nen deberiamos denominar festas. 

O que non quer dicir que non me sume a estas e que, desde esta páxina virtual do Barbanza, desexe o mellor a todos os lectores: que o ano 2024 sexa o da concreción de cantos plans teñen previsto realizar e que cada paso na andaina da vida os conduza a este obxectivo.

Que así sexa!.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.