Dodro volve participar no Programa Integrado de Emprego dos concellos do Baixo Ulla

26 Decembro 2023

A semana pasada os concellos do Baixo Ulla presentaron a nova edición do seu Programa Integrado de Emprego, a edición 2023-2024. A cita foi no salón do plenos do Concello de Dodro. Participaron na presentación os representantes políticos dos concellos que integran o ámbito territorial do Programa que, desta volta, son Dodro, Padrón, Rois, Valga, Pontecesures e Catoira, que se incorpora en substitución do Concello de Rianxo.

Segundo sinalaron, “este ámbito territorial, que inclúe ambas marxes do río Ulla, móstrase como un bo eido de actuación, tanto de potenciais usuarios e usuarias como de tecido empresarial”.

O Programa Integrado do Concello de Dodro, financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal cunha subvención de 220.000 €, diríxese a mellorar a empregabilidade de 100 persoas demandantes de emprego do ámbito territorial dos seis concellos.

Edición anterior

A edición 22-23 deste programa clausurouse os días pasados no Pazo de Lestrobe, en Dodro, nun acto no que se recordou o seu obxectivo primordial: mellorar a empregabilidade de persoas en situación de desemprego dos concellos implicados. A iniciativa tivo unha marcada vertente dixital. De feito, unha das súas liñas de actuación foi a formación para o desenvolvemento de competencias tecnolóxicas que favoreceran a incorporación ou reincorporación ao mercado laboral. En segundo lugar traballouse na orientación laboral individualizada ao longo do programa. Para rematar buscouse a intermediación laboral coas empresas da contorna durante os doce meses de duración. En todos estes procesos investíronse máis de 1.000 horas de cursos, talleres, visitas a empresas, etc.

Nesta edición atendéronse 107 persoas de todos os concellos participantes (30 de Padrón, 27 de Rianxo, 14 de Valga, 14 de Dodro, 14 de Pontecesures e 8 de Rois), e logrouse unha porcentaxe de inserción superior ao mínimo esixido (35%), de 40 persoas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.