O Concello de Ribeira e a USC colaborarán para fomentar (e identificar) a pesca local con baixa pegada ecolóxica

22 Decembro 2023

O Concello de Ribeira vai colaborar coa Universidade de Santiago (USC) a prol da pesca sustentábel, fomentando a nivel local e galego a actividade pesqueira con baixa pegada ecolóxica e respectuosa co medio ambiente e, facilitando a localización no mercado deste produtos sustentábeis. A presentación do proxecto levouse a cabo este venres 22 de decembro no Mercado Municipal de Ribeira. No acto estiveron presentes o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijóo, a técnica de Transferencia de Coñecemento, Lydia Fernández, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e os edís de Mercados e Sanidade e os patróns maiores de Ribeira e Aguiño. A iniciativa busca tamén incrementar o consumo de peixes e mariscos achegados ao mercado polo sector local, peixes e mariscos “que constitúen produtos da máxima calidade” (informou o alcalde) e que serán facilmente identificados grazas ás etiquetas de pesca sustentábel que vai achegar a USC a través deste proxecto. O patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez Sieira, salientou as vantaxes de participar nesta iniciativa da Universidade de Santiago: “Poderemos vender mellor os nosos produtos ao incrementarse os elementos de rastrexabilidade e de recoñecemento de orixe”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.