O BNG de Rianxo en prol do comercio local. Aposta polo noso

22 Decembro 2023


Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, humanizar as vilas e impedir a desertización dos noso concellos. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega, de extraordinaria calidade pois temos comercio e produtos de primeira.
Este é o obxectivo da campaña que se está a desenvolver por todo o país e que levou ao BNG de Rianxo, acompañados pola parlamentaria Rosana Pérez e polos concelleiros Xusto Ordóñez e Sarela Betanzos a visitar a varios establecementos rianxeiros ao longo desta semana.
A primeira das paradas levou a Exclusivas Tembra, no parque empresarial, iniciativa emprendedora que coa súa marca Quinteiro Doce colocou os seus produtos por todo o país nun formato que acabou con todas as existencias vendidas entre otros, grazas ás orixinais caixas ilustradas por deseñadores locais como Nove Noel e David Cuence. e con referencias como o mar de Rianxo ou as letras rianxeiras e galegas.
Logo visitaron establecementos adheridos á Asociación Rianxeira de Empresarios e Somos Rianxo tendo como exemplos a tenda Moreniña na rúa de Abaixo e o Bar Lareira no Pazo. Neles deixáronse tanto cartelería alusiva á campaña como unhas orixinais follas con autocolantes onde, no noso idioma, inclúen para coalr nos agasallos textos e imaxes propia do Nadal: apalpador, bos desexos, parabéns, etc,
Nos vindeiros días continuarase a visitar os comercios do concello no desexo de incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...