Rianxo rematará o ano con exposicións e festivais de Nadal e de fin de ano

22 Decembro 2023

A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu a axenda de actividades organizada polo departamento municipal así como tamén aquelas que veñen de man das asociacións e entidades con actividade no termo municipal. Trátase da axenda correspondente a estes últimos días de decembro, primeira metade do Nadal.

VENRES 22 DE DECEMBRO

20.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Festivais de Nadal da Escola de Música de Rianxo: aulas de piano, violín, contrabaixo, guitarra, canto baixo eléctrico e combo infantil.

SÁBADO 23 DE DECEMBRO

11.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Festivais de Nadal da Escola de Música de Rianxo: aulas de clarinete, saxofón, fagot, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, iniciación musical e linguaxe musical.

18.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Festivais de Nadal da Escola de Música de Rianxo: aulas de trompeta, frauta, óboe, trombón moderno, percusión e banda infantil

VENRES 29 DE DECEMBRO

20.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Concerto de fin de ano da Banda da Escola de Música de Rianxo e o grupo Brincadeira.

DOMINGO 31 DE DECEMBRO

Rianxo. Fin de ano en Rianxo 2023, coa Festa de Santa Columba e a despedida do ano 2024, organizado pola Comisión Juadalupeñas .

EXPOSICIÓNS:

  • Do 01 ao 29 de decembro. Exposición de pintura, Entreluces de María José González Area (Garea).
  • Do 15 de decembro ao 15 de xaneiro. Exposición: Tinta de Fol, oito pezas para gaita máis unha para piano de David Cuence e Sabela Olivares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.