O proxecto O Camiño de Santiago ilumina este Nadal 18 monumentos da provincia (incluída a Capela da Guadalupe en Rianxo)

21 Decembro 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou este 21 de decembro no acendido do programa O Camiño de Santiago, a iniciativa coa que a Xunta de Galicia iluminará este Nadal, ata o 8 de xaneiro, medio cento de monumentos e edificios emblemáticos do Camiño de Santiago, dos cales 18 están situados na provincia da Coruña. Están situados nas catro provincias e dan continuidade ao programa que se levou a cabo durante os anos anos.

Deste xeito, ademais da Igrexa de Santiago Apóstolo en Padrón, na provincia da A Coruña, tamén se iluminarán distintos monumentos do Camiño Portugués, Francés, Inglés, de Fisterra e Muxía e da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. Serán, en concreto, a Capela de Santa María Madalena en Ames, a Capela da Magdalena en Arzúa, a Igrexa de Santiago en Betanzos, o Edificio de Correos na Coruña, a Igrexa de Santiago de O Burgo en Culleredo, a Casa do Concello de Fene ou o Teatro Jofre de Ferrol.

Na provincia tamén se iluminarán o Faro de Fisterra, a Capela de San Roque de Melide, a oficina de Turismo de Muxía e a de Santa María de Ordes. Completan a listaxe o centro cultural Fernando Casas de Novoa en Oroso, o Torreón dos Andrade en Pontedeume, a Capela da Virxe de Guadalupe en Rianxo. En Santiago de Compostela iluminaranse tres edificios: o de San Caetano, a Torre da Berenguela da Catedral de Santiago e a Cidade da Cultura.

A iniciativa Acende o Camiño de Santiago enmárcase nas distintas accións que ten en marcha Turismo de Galicia nestas datas co seu produto de promoción Nadal en Galicia, que aglutina diferentes propostas que se celebran nas catro provincias e convida aos galegos e visitantes a coñecer o destino tamén en Nadal poñendo así en valor o seu potencial turístico.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.