
Rianxo vai acoller un partido amigábel internacional da Selección Española de Voleibol Sub17 Feminina, no que se enfrontará a Francia. Será o venres, 29 de decembro ás 18:30 h., no Pavillón Municipal de Rianxo (Pavillón José M. Abuín – Chema), organizado pola Federación Galega de Voleibol, coa colaboración do Club Voleibol Rianxo e o Servizo Municipal de Deportes.
O encontro servirá ao combinado nacional como preparación ao vindeiro WEVZA Sub 18, xa que a expedición viaxará a partir do 3 de xaneiro a Bélxica para medirse aos mellores rivais europeos.
Entradas
• Entradas grada, 1 €. Xa dispoñíbel no pavillón no seu horario de apertura.
• Entradas pista (VIP), 3 €. Xa á venda a través do Club Voleibol Rianxo e no pavillón a partir do venres, 22 de decembro.
Partido solidario – Cruz Vermella
O recadado coas entradas do partido doarase integramente á Cruz Vermella, co obxecto de colaborar coa súa actividade social. Asemade, tamén para a Cruz Vermella, habilítase no pavillón un punto de recollida de produtos de limpeza e aseo persoal. A cambio das doazóns recibirase unha rifa para o/s sorteo/s que terán lugar no descanso do partido.



