A Pousada retoma a súa actividade da man do trío The Levitans

08 Xaneiro 2020

Tralo respiro de Nadal, o gran local de concertos da nosa comarca, A Pousada da Galiza Imaxinaria, retoma a actividade cunha nova cita co rock independente e cancións orixinadas nas marxes do mainstream, un terreo firme e confortábel no que boa parte dos prestixiosos grupos e artistas que pasan cada ano polo local boirense asegurarían sentirse moi a gusto. Desta volta, o concerto de reactivación post-Nadal vén da man de The Levitans, trío de Valladolid con influencias dark pero con identidade propia (aí están eses temas sen baixo). The Levitans actúa o vindeiro 18 de xaneiro ás 22.30 horas no local que rexenta Suso Santamaría.

O grupo (formado por Sergio á voz e á guitarra, Dani á batería e Juan nos sintetizadores e nos coros) promete romper na súa actuación boa parte das nosas ideas preconcibidas sobre o que nos atoparemos na sala o día 18. Para empezar, aseguran estar moi cómodos alén todo o establecido: fan, como indican dende A Pousada, música rabiosamente nova, tan afastada do monotema pseudo-épico do indie nacional como da fauna sonora (trap, etc) que, talvez, por idade correspóndelles. Nesta tempada están a presentar Enola, o seu debut no selo Subterfuge, gravado nunha casa afastada da civilización onde o trío experimenta con música, meditación e outros elementos. O disco, realizado en 2018 nos Estudos Dobro baixo a produción de Javier Neto (técnico de Anxo Stanich, Arizona Baby), chega precedido de catro impactantes singles: Suicide, Red Lines, Kolmanskop e From the Other Side.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...