A Banda de Escola de Música de Rianxo e Brincadeira achegarán o 29 un concerto de fin de ano

20 Decembro 2023

Rianxo vai despedir o ano con música. A Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal acollerá no serán do 29 de decembro, a partir das 20.00 horas, un concerto de fin de ano a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo e máis a agrupación de música e baile tradicionais Brincadeira. A entrada será de balde ata completar capacidade (con recollida de convites dende unha hora antes na billeteira do auditorio). O concerto de fin de ano será organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Grupo de baile e música tradicionais, o Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.