Xaquín del Valle-Inclán presentou no Centro Internacional de Prensa unha nova edición do libro “La España Tradicional”

20 Decembro 2023

Este martes, día 19 de decembro, O Foro Galicia e Valle-inclán organizou a presentación da segunda das súas publicacións, La España Tradicional, no Centro Internacional de Prensa de Galicia.

O principal obxectivo desta entidade sen ánimo de lucro de ámbito galego é promover e divulgar a obra de Ramón del Valle-Inclán e deste compromiso xorde La España Tradiciona», unha colección de textos literarios do autor de Tirano Banderas e Luces de Bohemia centrados nun tema de gran interese para o senlleiro escritor da Pobra do Caramiñal.

A edición presentada foi realizada por Xaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do autor e especialista recoñecido no estudo da obra de Valle-Inclán, que ofreceu aos participantes unha síntese de datos inéditos e contrastados froito das súas investigacións.

Na presentación participou Antonio González Millán, responsábel do Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal).

Ao remate da presentación as e os asistentes puideron disfrutar dun petisco de cortesía, celebrando así a chegada do Nadal.

O acto foi subido na súa integridade ao Youtube polo Centro Internacional de Prensa de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.