A ABE mantén unha primeira reunión co alcalde centrada na problemática derivada das festas

28 Xuño 2019

20190628. A nova directiva da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), presidida por Daniel García, mantivo unha primeira xuntanza co novo alcalde do municipio, José Ramón Romero, co obxectivo de trasladarlle varias propostas e demandas do empresariado.

O tema principal a tratar foron os problemas derivados da celebración das festas de Boiro da vindeira semana, polo que a ABE solicitou que “se tivera especial coidado na colocación das atraccións e chiringuitos.” Consideran esencial que non se tapen as entradas e escaparates dos comercios, así como o respecto das zonas de acceso para carga e descarga. Isto último adquire gran relevancia para a asociación, pois “as festas de Boiro coinciden co inicio das rebaixas, unha data de especial importancia para o sector comercial que ademais non atravesa o seu mellor momento.”

Tamén destacan a importancia do control “sobre a venta de produtos falsificados que tanto proliferan polas festas veraniegas galegas.” Así mesmo, desde a ABE atópanse tentando solucionar, ou cando menos mitigar, “este importante problema que tanto dano fai ao comercio local polo que pedimos que o Concello de Boiro sexa especialmente sensible a elo e realice todo o que está na súa man para controlar, xunto coa policía local e garda civil, a venda ilegal de produtos falsificados.”

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.