O Nadal en Rianxo virá ateigado de sorpresas, novidades e actividades culturais, impulsadas dende o Concello e dende as asociacións e entidades con sede no municipio.
-Sábado 16 de decembro. Apertura da Casiña de Papá Noel a cargo de Somos Rianxo. No Cuartel Vello dende as 18.00 horas. Mostra de Corais (Auditorio de Rianxo) ás 19.30 horas.

-Domingo 17 de decembro. Apertura da Casiña de Papá Noel (Somos Rianxo), dende as 18.00 horas.
Festival de Nadal da Asociación Vai de Roda no Auditorio de Rianxo a partir das 18h.

-Venres 22 de decembro. Apertura da Casiña de Papá Noel (Somos Rianxo), no Cuartel Vello dende as 18.00 horas.
Festival de Nadal da Escola de Música I no Auditorio de Rianxo a partir das 19.30 horas.
-Sábado 23 de decembro. Festival de Nadal da Escola de Música II. No Auditorio de 10 a 18h.
Papanoelada Moteira (Jas a Tope). Na praza Castelao dende as 15.30 horas.
Clausura Casiña de Papá Noel. Cuartel Vello dende ás 18h.
-Mércores 27 de decembro. Showcooking no Mercado Municipal a partir das 12h.
Este Nadal ti es a Estrela (ARE). Na praza Castelao a partir das 17.30h.

–Xoves 28 de decembro. Este Nadal ti es a Estrela (ARE). Na Martela ás 17.30h.
-Venres 29 de decembro. Concerto de Nadal da EMR e Brincadeira no Auditorio de Rianxo ás 20h.
-Domingo 31 de decembro. Despedida de 2023 (Comisión Juadalupeñas) na praza Castelao ás 19h.

–Luns 1 de xaneiro. Festa Fin de Ano (Comisión Juadalupeñas) na praza Castelao á 1h.
–Mércores 3 de xaneiro. Este Nadal ti es a Estrela (ARE). Na Atalaia ás 17.30h.
-Xoves 4 de xaneiro. Este Nadal ti es a Estrela (ARE). No Campo de Pazos ás 17.30h.

-Venres 5 de xaneiro. Cabalgata de Reis. Parroquia de Rianxo ás 15h.
Ademais, entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro haberá actividades para os máis cativos na carpa da praza Castelao.
Por outra banda, veciños e visitantes tamén poden visitar o Nacemento Artesán na rúa de Abaixo (Ondiñas Mainas en colaboración co Concello).



