‘Sálvora’: o novo xogo de mesa en galego que recorda o afundimento do Santa Isabel

15 Decembro 2023

Un novo xogo galego estase presentando estes días. Trátase dun xogo de mesa denominado Sálvora.

Máis de 100 anos despois do afundimento do transatlántico Santa Isabel dúas empresas galegas lembran a bravura das heroínas de Sálvora. Así, o xogo consiste en salvar as vítimas. Pode xogarse en grupo, pero tamén só!.

O xogo está ambientado na fatídica noite do 2 de xaneiro de 1921 na que o vapor Santa Isabel naufragou nas augas de Sálvora, morrendo 213 persoas. A partida remeda o salvamento por parte das xentes de Sálvora, especialmente das Heroínas de Sálvora, que salvaron unhas 20 persoas no medio da escuridade, do frío, da treboada.

Obxectivos educativos:

  • Achegamento á Historia recente de Galicia, pois está baseado en feitos reais
  • Traballa a estratexia e o razoamento
  • Posta en valor da importancia do esforzo e a colaboración en momentos complicados, neste caso na pel das protagonistas reais deste acontecemento
  • Xogo cooperativo
  • SÁLVORA é un xogo cooperativo no que poden participar dende 1 a 4 persoas e no que o obxectivo é rescatar ao maior número de náufragos do SANTA ISABEL. Para iso hai que porse no papel das HEROÍNAS DE SÁLVORA e partindo da Area dos Bois vogar ata o punto do naufraxio ou optar por facer o longo percorrido ata Ribeira e así dar aviso para que o barco ROSIÑA, de maior porte, poida navegar ata o Arquip´élago de Sálvora e axudar no salvamento. As cartas aportarán elementos pequenas sorpresas, algunhas agradables e outras non tanto…
  • O prezo do xogo é de 36 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.