A Pobra xa conta coas persoas gañadoras do importe da cea da Noiteboa

15 Decembro 2023

Persoas usuarias do centro de día da Pobra do Caramiñal foron as encargadas de sacaren da caixa con 30 000 boletos depositados os tres afortunados co importe da compra da cea da Noiteboa, no seo da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal impulsada pola Concellaría da Promoción Económica: un primeiro premio, dotado de 600 euros; un segundo, de 400 euros; e un terceiro, de 200 euros. As ditas recompensas son no formato de vale/caramiña para trocar por produtos nos postos do mercado municipal.

Esta acción dirixida á clientela da Praza de Abastos continúa operativa deica o sorteo do importe da compra da cea da fin de ano, ao cal concorrerán tódolos boletos introducidos dende o inicio da campaña.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, explica que esta acción xorde para incentivar as compras do produto local e pór en valor o mercado municipal e os/as mercadores/as da praza.

No que respecta á dinámica, entregarase un boleto dunha caramiña por cada dez euros de compra. Deberanse cubrir os datos e depositar nunha das urnas do interior da referida instalación municipal.

Ademais de asistir ao sorteo, as persoas da expedición do centro de día tiveron a ocasión de ve-la decoración da praza, na cal participaron coa elaboración de parte dos ornamentos e recibiron cadanseu obsequio do Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.