A Xunta investiu máis de 115.000 euros na adquisición de dous vehículos eléctricos preparados para realizar labores de conservación no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Segundo explicaron a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, estes medios terrestres -un deles operará nas illas Cíes e o outro en Ons- están especialmente preparados para transitar por zonas agrestes do medio natural como pistas irregulares ou sen asfaltar. Sinalaron tamén que con esta adquisición dáse un paso máis na electrificación da mobilidade deste parque nacional, favorecendo a descarbonización do transporte e a redución das emisións á atmosfera. Ademais, incorpóranse a unha flota terrestre que está conformada na actualidade por 10 vehículos: cinco todoterreos, catro camionetas e unha furgoneta.




