O Centro Arqueolóxico do Barbanza será galardoado nos Premios Barbantia da Cultura

15 Decembro 2023

O Centro Arqueolóxico do Barbanza, situado en Neixón, recibirá este sábado 16 de decembro o galardón á iniciativa cultural no Barbanza 2023 nos XVII premios Barbantia da Cultura 2023. Á gala de premios, que terá lugar ás 12.30 horas na Casa da Cultura do Concello de Lousame, asistirán a concelleira de Cultura, María Outeiral, e o director do Centro Arqueolóxico do Barbanza, Víctor Barbeito.

Este centro arqueolóxico rematouse de construír no ano 2002 nas inmediacións do conxunto arqueolóxico dos Castros de Neixón, formado polo Castro de Neixón Pequeno e Castro de Neixón Grande, segundo lembra o Concello “un dos xacementos con maior relevancia do noroeste peninsular”. O centro alberga unha gran colección sobre o Megalitismo na época Neolítica, a arte rupestre da Idade de Bronce e a cultura castrexa da Idade do Ferro.

O Centro Arqueolóxico do Barbanza alberga labores de información, difusión e divulgación do patrimonio arqueolóxico da península, serve de apoio á investigación e é un lugar de referencia como recurso cultural e turístico do Barbanza. “Este premio recoñece o gran traballo que durante anos se está a facer na promoción de difusión do noso patrimonio arqueolóxico e que o converte nun lugar de referencia na posta en valor dos restos arqueolóxicos e a promoción do coñecemento do noso pasado”, afirma a concelleira de Cultura, María Outeiral.

O acto de entrega dos sereos poderase ver en directo vía streaming a través da canle de YouTube da Asociación Cultural Barbantia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.