O Ministerio de Economía concede á ABE o accésit ao Premio Nacional de Comercio 2023

14 Decembro 2023

A patronal boirense (ABE) está de celebración nesta recta final do ano. O motivo non é outro que a publicación no BOE deste 13 de decembro do fallo dos Premios Nacionais de Comercio 2023 outorgados polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa do Goberno de España, galardóns nos que a asociación empresarial de Boiro foi recoñecida cun accésit de carácter honorífico no apartado de centros comerciais abertos.

Dende a ABE lembran que este recoñecemento súmase ao outorgado no ano 2015, cando a patronal recibira a mención especial, e ao concedido no 2019 (outro accésit), polo que este é o terceiro galardón nos Premios Nacionais de Comercio nun período de tan so 8 anos, “o que supón un fito impresionante e converte a ABE nunha das asociacións a nivel nacional con mais recoñecementos nestes premios nacionais”, sinala a asociación que preside Daniel García.

Os Premios Nacionais de Comercio Interior creáronse no ano 1997 para distinguir o especial labor dos concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial, e dos pequenos comercios, no seu traballo de desenvolvemento comercial e modernización empresarial. Posteriormente incluíuse unha terceira categoría para os centros comerciais abertos.

Así, os Premios Nacionais de Comercio son o máximo galardón que entrega o Estado en recoñecemento o traballo a prol do pequeno comercio, feito que, en palabras da ABE, “supón un enorme orgullo ademais do recoñecemento ao traballo realizado pola entidade dende que en 2005 se creou o centro comercial aberto de Boiro”.

A entrega desta mencións especial realizarase proximamente en Madrid, na sede do Ministerio e ao que asistirán representantes da asociación.

O presidente da ABE, Daniel García, quixo en primeiro lugar felicitar ao resto de gañadores polo traballo que realizan cada día a prol do pequeno comercio e “agradecer ao xurado dos premios por ter valorado o noso traballo en prol do pequeno comercio de Boiro, tamén ás xuntas directivas que axudaron a crear e consolidar este proxecto, aos traballadores da asociación así como as entidades e organismos públicos que colaboran con nos, con especial mención ao Concello de Boiro”

Para finalizar, o presidente destacou que “ o máis importante é dar as grazas aos nosos socios, ás empresas e negocios de Boiro, que son a razón deste éxito xa que participan masivamente das nosas campañas e actividades e que son o motivo e a razón do noso traballo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.