FAC-USO felicita a Boiro por delegar os procesos selectivos da policía local

12 Decembro 2023

A Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia (FAC-USO Galicia) felicitou ao Concello de
Boiro por delegar os procesos selectivos da Policía Local.
Fai xa máis de dous anos lamentamos que Boiro non se tivera adherido ao convenio coa entón Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a selección dos membros dos corpos de policía local,
vixiantes municipais e auxiliares de policía local (2017).
Sempre defendemos que era mellor o proceso selectivo da Xunta de Galicia, a través dunha convocatoria unitaria desenvolvida pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), xa fose para a praza de Oficial (por promoción interna), xa fose para as prazas de Policía Local (por mobilidade horizontal ou por concurso).
Tivéramos denunciado que, ao non alcanzarse a maioría absoluta necesaria, o Concello de Boiro se viu obrigado a convocar, unha vez máis, procesos selectivos da policía local á marxe do proceso selectivo da Xunta de Galicia.
Así, recoñecemos que, ao non prosperar a proposta do gobierno municipal, de adherirse ao devandito convenio, eso obrigaba a que “o consistorio boirense véxase obrigado a realizar cos seus propios medios os procesos selectivos para cubrir as vacantes da Policía Local, cos custos económicos e persoais que iso supón”.
Por eso, agora congratulámonos que, máis pronto que tarde, o Concello de Boiro proceda a delegar os procesos selectivos da Policía Local, a través da convocatoria unitaria da AGASP, “para que o proceso sexa máis rápido e sinxelo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.