Nova saída de vía cunha persoa ferida na AG-11 ao seu paso por Rianxo. Apagado un incendio dun coche en Boiro

12 Decembro 2023

Nun tramo que experimentou varios incidentes nos últimos tempos, rexistrouse unha nova saída de vía con feridos pasadas as tres da tarde no punto quilométrico 12, pertencente á parroquia de Isorna. Neste caso, un vehículo que se dirixía cara a Ribeira saíuse da vía, chocando coa mediana da autovía e obstruyendo o tráfico.

ADC Bombeiros Boiro

A condutora, que era a única ocupante do vehículo, estaba consciente pero presentaba dor cervical como consecuencia do impacto. Os servizos de emerxencia, incluíndo a Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Boiro, a Policía Local de Rianxo, Protección Civil e unha ambulancia do 061, desprazáronse ao lugar. A muller foi trasladada ao hospital Clínico para descartar lesións.

Un carril da AG-11 estivo pechado debido a que os operarios do servizo de mantemento da vía estaban a limpar os restos do accidente. Despois de completar este labor, a circulación foi totalmente restablecida.

Por outra banda unha dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro xunto Policía Local Boiro, Garda Civil, Smpc Boiro veñen de apagar incendio de vehículo en Concello de Boiro.

O suceso tivo lugar ás 19.55 horas, momento no que o condutor do turismo, un Peugeot 206, comezou a escoitar un ruído estraño procedente do motor. Tras isto, do capó comezou a saír abundante fume, o que provocou que detivese inmediatamente a súa marcha. a intersección da rúa Manuel María coa rúa peonil de Boiro.

ADC Bombeiros Boiro

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.