O documental “Doxandeem, cazadores de sueños” chega a Ribeira para reflexionar sobre a complexidade das migracións

12 Decembro 2023

O documental Doxandeem, cazadores de sueños, producido por Goree Island, vaise proxectar en Ribeira logo da súa estrea mundial no Festival Panafricano de cine de Ouagadougou (FESPACO), en Burkina Faso, e logo de pasar por pantallas de Senegal, Francia e Alemaña. Agora, este vindeiro xoves 14 de decembro chegará ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, ás 19,30 horas da tarde, coa arela de reflexionar sobre a migración e a súa complexidade. Logo da proxección haberá un debate coa participación dos mediadores de Ecos do Sur, Djibril Faye e Said Hamdad, mediadores e expertos en migracións. Este documental forma parte da programación cultural de outono 4×3 da Deputación de A Coruña e presentarase da man da ONGD Ecos Do Sur, que moderará os debates posteriores ás proxeccións.

Sobre o documental

En 2006 un mozo senegalés deixou a súa terra natal a bordo dun caiuco, para perseguir o soño dunha vida mellor. Acadou as costas europeas con éxito, pero pronto decatouse da magnitude do cambio: a viaxe acababa de comezar. O verdadeiro desafío foi desenvolverse nunha terra estraña e chea de obstáculos. Mamadou Dia pasou no estado español nove anos, nos que escribiu un libro, 3052. Persiguiendo un sueño, no que plasmou a súa utopía de volver ao seu país e traballar para mudar as cousas. E así o fixo. En 2014 voltou, e xunto coa súa esposa, a ferrolá Laura Feal, foron materializando un espazo de creación, de pensamento e de desenvolvemento coa mocidade en Gandiol, a súa aldea natal no norte do país, que hoxe ten eco a nivel nacional e internacional.

O documentalista e músico senegalés, Saliou Waa Gendoum Sarr interesouse nesta historia “porque reflexa a complexidade das migracións, a maxia dos encontros”. Co seu ollar crítico e poético, Sarr acompaña a Mamadou pero tamén a Laura e outras persoas durante cinco anos nas súas pescudas máis profundas, indagando nas situacións complexas que derivan da mobilidade. “Doxandeem” é unha palabra en wolof que significa persoa errante, camiñante. A obra é un canto á liberdade de movemento e o descubrimento dunha África que se nos presenta lonxana, pero coa que estamos estreitamente ligados e na que se presentan propostas inspiradoras para o mundo global.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...