“O Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da UE pecha entre este domingo e o luns o semestre da presidencia española”. Antón Luaces

10 Decembro 2023

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación preside o último Consello de Ministros de Agricultura e Pesca baixo a presidencia española do Consello da Unión Europea que se celebra o 10 e 11 de decembro en Bruxelas.

Neste Consello, o ministro español dará a coñecer as conclusións dos traballos realizados no segundo semestre do ano, destinados a preparar a agricultura e a pesca comunitarias para que se atopen nas mellores condicións posibles para abordar os seus retos de futuro.

Un dos asuntos esperados é a aprobación dunha iniciativa española que tenta fixar a partir de 2024 un sistema de totales admisibles de capturas (TAC) de carácter plurianual nalgunhas pesqueiras -no canto de anual, como ata o de agora-.

Esta era una das prioridades que España tiña fixadas na súa presidencia para dotar de maior estabilidade empresarial á frota comunitaria, e longamente reclamada polo sector ñlesqwueiro galego.

En concreto, os ministros teñen previsto aprobar as posibilidades de pesca no Atlántico e os mares do Norte, Mediterráneo e Negro para 2024, así como as plurianuais dalgunhas especies  para o período 2024-2026 no Atlántico. O estabelecemento de cotas para varios anos é una iniciativa da Presidencia española para dotar de maior estabilidade a actividade pesqueira.

En materia de agricultura, está previsto un debate sobre a situación do mercado co foco posto nos efectos da guerra de Ucraína, así como o intercambio de impresións sobre o primeiro ano de aplicación dos plans estratéxicos da Polítíca Agraria Común (PAC) a partir da información facilitada pola Comisión e a Presidencia española.

O Consello tentará acadar un enfoque xeral ou posición común sobre outra das prioridades españolas deste segundo semestre: a proposta de regulamento sobre as novas técnicas xenómicas (NTX) e un informe de progreso sobre a proposta de regulamento de uso sostible de produtos fitosanitarios.

A Presidencia española informará tamén aos ministros sobre os traballos realizados para actualizar as denominadas “diretivas do almorzo”, que fai referencia a un conxunto de diretivas que regulan produtos como o mel, os zumes de froitas e o leite deshidratado. Presentará asimesmo a Presidencia española un informe do progreso acadado durante este semestre sobre os regulamentos relativos á produción e comercialización de material vexetal e forestal, e a nova proposta lexislativa sobre o benestar animal e sobre un marco de seguemento para a resiliencia dos bosques europeos.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.