Identificado o presunto autor dun delito de maltrato animal en Rianxo

07 Xaneiro 2020
Cedida por Policía Local de Rianxo

Na tarde de onte produciuse unha agresión a un animal de compañía por parte do seu dono nunha rúa do casco urbano de Rianxo. Unha testemuña presencial gravou a agresión en vídeo, poñendo os feitos en coñecemento da Policía Local, xunto coa gravación.

Unha vez practicadas as xestións oportunas, procedeuse á identificación do presunto autor dos feitos, sendo investigado por un delito de maltrato animal. A instrución das dilixencias remitiuse ao Xulgado de Instrución de garda de Padrón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...