“Os centros de ensino galegos prohíben os teléfonos móviles”. Antón Luaces

08 Decembro 2023

Unha vez rematen as vacacións de Nadal, a Xunta prohibirá o uso de teléfonos móviles aos alumnos dos centros de ensino tanto nos recreos coma no comedor, entrada e saída dos colexios. Obviamente tamén durante as clases.  Esta prohibición poñerase en marcha cando se reanuden as actividades escolares.

A decisión da Xunta foi acollida satisfactoriamente tanto polos pais dos alumnos como polo profesorado, cansos uns e outros de comprobar como os alumnos prestan máis atención, en moitos casos, a unha comunicación máis ou menos intrascendente a través do teléfono que ás materias que se deben preparar en cada curso ou circunstancia.

O que chama a atención neste caso é a tardanza por parte do goberno galego  en poñer en práctica o previsto no Decreto 8/2015 de 8 de xaneiro, que xa prohibía este uso indiscriminado dos móbiles en clase.

O punto 4 do artigo 19 do citado Decreto, estabelece nas normas de convivencia que “se prohíba o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismos de comunicación durante os períodos lectivos”, polo que non se entende este retraso na aplicación dunha norma considerada indispensable para o debido funcionamento dos centros. Queda por determinar, segundo o presidente da Xunta, ata que idade chegará esta prohibición: se ata os 16 ou os 18 anos. Esta cuestión está pendente de decidir xunto coa comunidade educativa.

Sexa como fora, esa prohibición, como se di, xa estaba en vigor e mesmo fora do horario lectivo, tendo vixencia tanto nos centros públicos como nos privados e concertados tanto nos recreos coma nos comedores ou actividades extraescolares. A prohibición rexe desde o ano 2015 e só poden ser usados os móbiles con fins pedagóxicos ou baixo supervisión dun profesor.

A proposta da Consellería de Educación sobre a extensión da prohibición do móbil nos colexios recibiu luz verde e agora deberá ser abordada polas directivas dos centros e as asociacións de nais e pais de alumnos (ANPA).

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.