A ARE colabora con Cáritas Rianxo na campaña Súmate ao Nadal Solidario

07 Decembro 2023

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) puxo en marcha a campaña Súmate ao Nadal Solidario, unha iniciativa destinada a axudar a Cáritas no seu intenso labor en favor dos máis desfavorecidos da nosa comunidade. “Con esta campaña queremos unir esforzos para levar esperanza e axuda a aqueles que máis o precisan nestas datas tan sinaladas”, explica a ARE, engadindo que “convidamos a toda a comunidade a colaborar doando alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene, aseo e limpeza de xeito moi fácil”. Só hai que mercar nos establecementos colaboradores os produtos que desexemos doar e deixalos nos lugares habilitados para tal feito nos mesmos.

A recollida destes produtos comezou o 1 de decembro e seguirá activa hasta o día 18. O obxectivo é contribuír con Cáritas ao apoio das familias e persoas que, especialmente nesta época do ano, requiren axuda e solidariedade.

Os establecementos colaboradores son:

Eroski

Día

Quenxo Claudio

Mercamas Rianxo

Mercamas Taragoña

Aliprox (Taragoña)

Autoservizo Fina (Asados)

Spar Sara (O Pazo)

Cambeses

Europunto

Herbodietética Chaira

Agroikos (Taragoña)

A ARE agradece de antemán a colaboración de todos os implicados nesta campaña e “o seu compromiso co benestar da nosa comunidade”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.