A plataforma contra os vertidos de San Finx reclama en Muros a revogación da autorización da mina

04 Decembro 2023

A Plataforma comarcal contra os vertidos da mina de San Finx reclamou esta fin de semana en Muros que Augas de Galicia revogue sen máis dilación a autorización para verter case mil millóns de litros anuais concedida o pasado mes de febreiro. Nun acto presidido pola alcaldesa de Muros, María Lago, e organizado pola Asociación Cuadrilla de Pepa a Loba, tanto Rogelio Santos como Joám Evans esixiron á Xunta que poña fin aos vertidos ilegais obrigando á empresa a selar a explotación mineira.

Ao debate celebrado o sábado estaban convidados representantes de Augas de Galicia, da Cámara Oficial Mineira de Galicia e da propia empresa mineira, pero, segundo confirmou a plataforma, “ningún quixo comparecer” no debate moderado por Domingo Guerra e no que finalmente interviu a psicóloga muradá María Dosil, o mariñeiro e divulgador Rogelio Santos Queiruga en representación de PLADEMAR e Joám Evans en representación de Ecoloxistas en Acción.

Se ben Augas de Galicia anunciou que iniciaría o procedemento de revogación logo da insistencia das organizacións sociais, desde a plataforma contra os vertidos alertan que “se está perdoando á empresa mineira o pago do canon de control de vertidos, que ascende a máis de 30 millóns de euros por ano”. Por iso, reclaman que se obrigue á empresa a pagar o que debe antes de que os seus propietarios e administradores se dean á fuga. Lembran que a matriz empresarial apenas ten un capital social de 3.000 euros.

Na charla lembrouse que “segundo os distintos colectivos que forman a plataforma esixiuse a Augas de Galicia que impoña á empresa mineira a medida cautelar de impedir que a auga das galerías continúe saído ao exterior”. Para iso, remitíronlle ao organismo dependente da Xunta estudos técnicos que evidencian as mellores técnicas dispoñíbeis para impedir que os vertidos continúen producíndose, como a instalación de comportas e o selado de pozos e chemineas.

Advirten que “no caso de permitir que a situación de contaminación continúe no tempo, emprenderemos novas accións xudiciais contra os funcionarios e autoridades responsábeis”.

Cofradías e organizacións ecoloxistas xa presentaron denuncias penais tanto contra a empresa mineira como contra os altos cargos da Xunta por presuntos delitos contra o ambiente e de prevaricación, estando aberto varios procesos nos xulgados de Noia e de Santiago.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.