Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

01 Decembro 2023

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

O programa de actividades inclúe unha visita aos muíños de auga situados ao carón do río Te. Tamén haberá moenda nos muíños e moita música. A muiñada dará comeza ás 10.30 horas, estando prevista a saída dende os Muíños do Cubo, cuxa localización exacta compartiuse na Rede. Visitaranse os muíños Cubo, o de Quintáns, o da Veiga e o dos Lemos. A andaina terá un percorrido de 1,6 quilómetros (ida). Participarán Trécola (en tarefas de animación) e a sesión vermú virá da man de Leite con Jalletas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.