O Concello de Boiro destina 77.000 euros ás entidades sociais con actividade no municipio

30 Novembro 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participou este xoves 30 de novembro na sinatura dos convenios de colaboración con entidades sociais que levan a cabo actividades no municipio. O Concello 77.000 euros a fortalecer a actividade destas entidades.

Na sinatura dos convenios participaron as e os representantes das asociacións e organizacións que formalizaron os convenios de colaboración para seguir levando a cabo actividades e propostas que fomenten o benestar social. “Boiro conta cunha sólida rede de benestar que se debe ao traballo que as entidades sociais fan no noso municipio en colaboración cos servizos sociais comunitarios”, recoñeceu o alcalde, salientando actividades como os Talleres de Memoria que Cruz Vermella leva a cabo en todas as parroquias do municipio destinados a persoas maiores, e máis os programas de apoio escolar ou outras actividades lúdicas e de cooperación con colectivos vulnerábeis.

Destacou tamén as contribucións de Cáritas co roupeiro social ou coa entrega de alimentos que cubren as necesidades básicas de familias do municipio, ou os programas de inclusión social que desenvolven Amicos, Ambar ou A Creba.

Tamén son beneficiarios destas axudas outras entidades como AGADEA, que desenvolve en Boiro obradoiros e programas destinados a persoas con alzhéimer ou principios de demencia; e Renacer, que leva a cabo nos centros de ensino do municipio programas informativos sobre as adiccións.

“O fomento dos servizos sociais é unha prioridade para este goberno e imos seguir traballando por desenvolver actividades que fomenten o benestar social dos veciños e veciñas así como dotalos de mellores servizos”, recoñeceu o concelleiro de Política Social, Raúl Treus.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.