Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

09 Decembro 2023

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira.

Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata cadete; e as inscricións poderanse realizar a partir do venres 1 de decembro ata o martes 5. Os premios serán para os 3 primeiros clasificados individuais por categoría e sexo; e tamén os 3 primeiros clubes clasificados.

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou este xoves 30 a edición 2023 da competición Nada e Corre, organizada pola Federación Galega Triatlón e Pentatlón Moderno e o Club Natación Ribeira. O concelleiro Vidal presentou o evento na campaña das e dos representantes do dito Club Natación.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...