O Goberno de Ribeira reúnese coa veciñanza de Castiñeiras

29 Novembro 2023


O equipo de Goberno local de Ribeira mantivo este martes 28 de novembro unha reunión coa veciñanza na Casa da Cultura de
Castiñeiras na que se abordaron distintos temas que afectan aos residentes da parroquia. Durante o encontro abordáronse cuestións relativas ás infraestrutura e os servizos públicos, á accesibilidade, ás prazas de estacionamento e a outros asuntos que impactan de xeito directo na calidade de vida da veciñanza.

O Executivo lembrou que está a realizar reunións en tódalas parroquias co propósito de fortalecer a participación cidadá e fomentar a transparencia na xestión municipal. “Esta interacción directa permítenos unha comprensión máis profunda das necesidades específicas de cada parroquia” explicou o alcalde Luís Pérez, que engadiu que estas sesións de participación cidadá “serven como canles de comunicación moi efectivas de cara a unha gobernanza máis inclusiva e orientada ás necesidades reais
da veciñanza”.

Os veciños e veciñas que asistiron ao encontro expresaron as súas inquietudes, suxestións e propostas. Os representantes do Goberno tomaron nota de tódolos asuntos expostos e comprometéronse a seguir traballando en conxunto coa comunidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.