A EEI A Capela de Carreira celebra o 25N cunha contacontos a prol da igualdade

28 Novembro 2023

O pasado sábado, 25 de novembro (25 N) tiña lugar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un acto que a comunidade educativa da Escola de Educación Infantil A Capela-Carreira quixo conmemorar organizando a visita da contacontos Raquel Queizás á escola, quen presentou a obra: Somos Iguais. Contos Pola Igualdade. Esta actividade organizada co propósito de transmitir unha mensaxe de respecto, igualdade e empatía tiña como obxectivo sensibilizar e concienciar sobre a importancia de erradicar a violencia de xénero en tódalas súas formas.

A dita iniciativa da EEI A Capela, xorde para desfrutar en familia e forma parte dun proxecto presentado este curso, que ten como finalidade potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Engadir que esta idea, presentada pola ANPA A Guía de Carreira, está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.