O Concello de Ribeira cambiará o nome da UAD e achegará 118.150,00 euros para financiar o Bono Comercio

28 Novembro 2023

A UAD de Ribeira dará un importante paso en materia de inclusión e renovación. As se fixo saber no transcurso do pleno ordinario da Corporación de Ribeira deste luns 27 de novembro, no que se procedeu á aprobación do cambio de denominación da Unidade de Atención a Drogodependentes (UAD) a Unidade de Condutas Aditivas (UCA) atendendo á proposta do concelleiro delegado de Sanidade, Juan Luis Furones Ramos. O concelleiro argumentou o cambio no perfil dos pacientes aos que presta servizo esta unidade, e “a necesaria redución da carga de estigmatización social coa que os usuarios son percibidos polos cidadáns, xa que este debe ser un dispositivo sanitario de referencia para calquera conduta aditiva e non só as drogodependencias”.

Asemade aprobouse a encomenda de xestión á Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte para a realización das accións e tramitacións das licitacións recollidas na solicitude da axuda Tur-Camino2022-011; fondos europeos concedidos coa finalidade da dixitalización e mellora turística dos destinos da Mancomunidade.

O Concello de Ribeira tamén adicará un crédito extraordinario por valor de 118.150,00 euros para financiar unha nova edición do Bono Comercio Ribeira para este Nadal 2023/2024. “Temos que contribuír a que a veciñanza realice as súas compras e xestións no noso municipio” argumentou o rexedor Luís Pérez. Pola súa parte, a concelleira de Comercio, Veva Betanzos, que defendeu a proposta do Bloque Nacionalista Galego; afirmou que “a dinamización do comercio local mediante bonos é unha estratexia fundamental para impulsar o desenvolvemento económico e beneficiar o tecido comercial”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.