A Conferencia de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COB28) a celebrar en Dubai do 30 de novembro ao 12 de decembro vai tratar de facer un balanzo global dos avances na implementación do Acordo de París. Neste senso, o Parlamento Europeo entende que este encontro vai celebrarse nun momento clave para impulsar a ambición colectiva en materia de acción en apoio climático”.
Como medida clave, a resolución -adoptada polo Pleno do Parlamento Europeo con 462 votos a favor, 134 en contra e 30 abstencións- pide que se poña fin a todos os subsidios directos e indirectos aos combustibles fósiles a nivel nacional, da UE e global, “o antes posible e a máis tardar en 2025”.
Os eurodeputados tamén apoian un obxectivo global para triplicar a enerxía renovable e duplicar a eficiencia enerxética para 2030, xunto cunha eliminación gradual tanxible dos combustibles fósiles “o antes posible”. O texto pide a todos os países que fortalezan os seus compromisos climáticos e contribúan coa súa parte xusta para aumentar o financiamento climático internacional.
Conservar e restaurar a biodiversidade e reducir significativamente o impacto climático e as emisións do metano en sectores como o transporte marítimo e a aviación internacional, a agricultura e a defensa.
Esta formulación comunitaria que se está a “cocer” no seo da soberanía da Unión Europea vai facer que se modifiquen moitos aspectos da normativa que rexe o actual funcionamento comunitario. Un deles, e moi importante, pode significar unha redución definitiva da frota pesqueira europea. E non é outra que a eliminación das axudas que os Estados membros -caso de España- outorgan ao sector pesqueiro no marco do cambio climático para facer máis asequible a subministración de combustible. Este, actualmente, eleva de xeito máis que notable a falta se rendibilidade da pesca. Porque é o prezo de cada consumo que se fai o gasto de explotación máis importante a bordo que, a máis, non se pode repecutir nos prezos do peixe porque, pola subhasta á baixa é o comprador das capturas -a cotío o mediador- o que estipula ou marca ese prezo que será base para o que o consumidor pague por el.
Máis ainda cando países non comunitarios que sí reciben subvencións para o consumo de combustibles, utilizan as vías abertas na UE para distribuir aquí as súas capturas sen que estas teñan gravame compensatorio para as embarcacións de pesca españolas.
Vai ser a de Nacións Unidas Conferencia de sumo interese para o sector pesqueiro, especialmente o galego.



