O CETGA (Couso) presenta os resultados dun proxecto co que logrou melloras clave no benestar dos peixes

28 Novembro 2023

O CETGA (Centro Tecnolóxico da Agrupación industrial da Acuicultura), coincidindo co Día Internacional da Acuicultura (que se celebra este xoves 30 de novembro), presentou os detalles dun proxecto innovador que serviu para lograr importantes melloras no benestar dos peixes criados en acuicultura. O proxecto chámase Piscibien e vén de chegar ao seu remate.

O CETGA, como lembraremos, é un centro tecnolóxico de vangarda emprazado en Couso (Aguiño, Ribeira).

Piscibien, explica o CETGA, “permitirá á industria acuícola española aplicar pautas para mellorar o benestar dos peixes en cultivo e, en consecuencia, mellorar a produtividade do sector”. O orzamento total do proxecto era de 747.932,60 euros e estivo financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a través dos fondos Next Generation EU.

Segundo engade o centro, “o proxecto significa un novo fito para a acuicultura española e mundial, abordando o benestar dos peixes e a sustentabilidade do sector”.

Piscibien centrouse en áreas como a suplementación de pensos, a implementación de protocolos de actuación, a redución da tensión dos animais, a clasificación de peixes e a pesca. Ademais, realizáronse avances na crianza de especies mariñas, como é o caso da dourada, a robaliza e a corvina.

Tras dous anos de traballo (2021-2023), as entidades participantes alcanzaron o obxectivo que se marcaron: lograr metodoloxías e protocolos para medir o benestar dos peixes nos diferentes puntos do proceso acuícola, coa finalidade de proporcionar guías e protocolos para a industria acuícola e auxiliar.

Ademais do CETGA, estiveron involucrados en Piscibien o Grupo de Investigación en Acuicultura do EU-ECOAQUA da Universidade da Palmas de Gran Canaria (ULPGC) coa participación da Fundación Parque Científico Tecnolóxico da ULPGC; a Universidade de Cádiz (UCA); a Universidade Autónoma de Barcelona (UAB); a Universidade Complutense de Madrid (UCM); e o Instituto Murciano de Investigación e Desenvolvemento Agrario e Ambiental (IMIDA).

Sede do CETGA en Couso, Aguiño, Ribeira

Dende 2022

O CETGA fundouse en Ribeira (Galicia) en 2002 (un ano despois da posta en marcha da agrupación industrial) e é unha referencia a nivel mundial no eido da acuicultura innovadora e sustentábel. Este sector foi declarado estratéxico pola Unión Europea e, no marco do Día Internacional da Acuicultura (30 de novembro), o CETGA reivindica a súa achega ao coñecemento nos últimos 22 anos con proxectos que buscan a sustentabilidade, o benestar animal e garantir a soberanía alimentaria.

Nacións Unidas prevé que en 2050 habiten o planeta ao redor de 10.000 millóns de persoas. Esta situación requirirá un incremento da produción alimentaria anual do 70% respecto aos niveis actuais. Neste sentido, a acuicultura respectuosa co medio ambiente e innovadora que lidera o CETGA é parte da solución ante o reto alimentario e ambiental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.